Quen descubrira ao Xosé Manuel Budiño mozo alá polo 1997 con Paralaia–e a fe que aquel debut foi moi aireado por aquel entón nos círculos do folclore e as músicas do mundo– pode quedar un pouco atónito ao descubrir o grao de evolución que desde entón desenvolveu  o músico pontevedrés. Tanto é así que o gaiteiro de Moaña non exerce agora tanto de instrumentista como de cantante, coa peculiaridade de que nesta nova faceta resulta ser, contra todo prognóstico, algo máis que notable. Coidado, aquí ninguén se aboa aos apriorismos, pero o firmante de albuns como Zume de terra, Home ou Sotaque non só non  acercara ata agora os seus beizos ao micrófono, senón que baixo o seu manto protector medraron vocalistas logo tan importantes por conta propia como o tamén pontevedrés Davide Salvado. O caso é que Budiño non só  prescindiu do nome de pía no seu nome artístico, senón que cambia por completo o paso cun traballo que, tras seis anos de silenzo, aproveita para multiplicar a evolución e os retos persoais, e asemade  poñer a proba a capacidade de sorpresa do oínte. Porque Fulgor non é un disco de instrumentos apegados á tradición, senón de cancións pop, ou como moito de folk-pop. Nese sentido eríxese no equivalente ao que na discografía de Carlos Núñez representou  Mayo longo(2000), un traballo que naquela época irrompeu mesmo  nas radiofórmulas pero levantou  ampolas entre un sector dos seus seguidores. Os tempos  cambiaron en todas as direccións, para o bo e o malo, e hoxe non será sinxelo converter Fulgor nun traballo comercial, disfrutable e moi digno de difusión (aínda que o sexa), do mesmo xeito que quen decida poner o berro no ceo non só estará facendo o ridículo, senón dando por bo un prexuizo xa minoritario. A outra complicidade que salta ao oído atopámola con Xoel López, posto que Fulgor mira alén do atlántico con absoluta naturalidade e afán integrador, igual que o antes Deluxe veu facendo na súa celebrada triloxía (Atlántico,ParamalesSueños y pan) con nome propio. A Budiño pónselle o xesto tímido cando canta, quizais porque cantar ten algo de exorcismo para co tímido que todos levamos dentro. Pero dáselle certamente ben, xa sexa pola súa conta ou da man de Xoel (Santiago, un single excelente en cuxa letra “Bob Dylan” se converte en verbo), Depedro (as guitarras de Jairo Zavala repenican en Sós), o Cuarteto Quiroga ou Vega, letrista en San Xoan igual que Budiño xa aportara as  súas frautas no último álbum da cantante, La reina pez. Sorpresa tras sorpresa, Fulgor é un agasallo da Galiza que xa non agocha a ollada.

 

 

 

Quienes descubrieran al joven Xosé Manuel Budiño allá por 1997 con Paralaia–y a fe que aquel debut fue muy aireado por aquel entonces en los círculos del folclor y las músicas del mundo– pueden quedarse un poco atónitos al descubrir el grado de evolución que desde entonces ha desarrollado el músico pontevedrés. Tanto es así que el gaitero de Moaña no ejerce ahora tanto de instrumentista como de cantante, con la peculiaridad de que en esta nueva faceta resulta ser, contra todo pronóstico, algo más que notable. Cuidado, aquí nadie se abona a los apriorismos, pero el firmante de álbumes como Zume de terra,Home o Sotaqueno solo no había acercado hasta ahora sus labios al micrófono, sino que bajo su manto protector crecieron vocalistas luego tan importantes por cuenta propia como el también pontevedrés Davide Salvado. El caso es que Budiño no solo ha prescindido del nombre de pila en su nombre artístico, sino que cambia por completo el paso con un trabajo que, tras seis años de silencio, aprovecha para multiplicar la evolución y los retos personales, y con las mismas poner a prueba la capacidad de sorpresa del oyente. Porque Fulgorno es un disco de instrumentos apegados a la tradición, sino de canciones pop, o como mucho de folk-pop. En ese sentido se erige en el equivalente a lo que en la discografía de Carlos Núñez representó Mayo longo(2000), un trabajo que en aquella época irrumpió incluso en las radiofórmulas pero levantó ampollas entre un sector de sus seguidores. Los tiempos han cambiado en todas las direcciones, para lo bueno y lo malo, y hoy no será sencillo convertir Fulgor en un trabajo comercial, disfrutable y muy digno de difusión (aunque lo sea), de la misma manera que quienes decidan rasgarse las vestiduras no solo estarán haciendo el ridículo, sino dando por bueno un prejuicio ya minoritario. La otra complicidad que salta al oído la encontramos con Xoel López, puesto que Fulgormira al otro lado del charco con absoluta naturalidad y afán integrador, igual que el antes Deluxe ha venido haciendo en su celebrada trilogía (Atlántico,Paramales, Sueños y pan) con nombre propio. A Budiño se le pone el gesto tímido cuando canta, quizá porque cantar tiene algo de exorcismo para con el tímido que todos llevamos dentro. Pero se le da ciertamente bien, ya sea por su cuenta o de la mano de Xoel (Santiago, un single excelente en cuya letra “Bob Dylan” se convierte en verbo), Depedro (las guitarras de Jairo Zavala repiquetean en Sós), el Cuarteto Quiroga o Vega, letrista en San Xoanigual que Budiño ya aportase sus flautas en el último álbum de la cantante, La reina pez. Sorpresa tras sorpresa, Fulgor es un regalo de la Galicia que ya no agacha la mirada.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *